Un gran Arenteiro tumba ao Barcelona Atletic, 2-0. Aquí podes ver os golazos de Chacón e Cardero.

13, Xaneiro 2024

Dous grandes goles para un gran espectáculo de fútbol, o que ofreceron Arenteiro e Barça Atletic, na que foi a histórica primeira visita dos culés a Espiñedo, onde se encontraron a un inmenso Arenteiro que venceu con todo merecemento e dorme oitavo na clasificación provisional da 19 xornada da Primeira RFEF.

O xoven filial do Barsa deixou unha boa imaxe no estadio carballiñés, con futbolistas de enorme calidade, que para nada baixaron o ritmo en ningún momento e puxeronlle certamente dificil a un Arenteiro que aproveitou dúas das súas ocasións, unha en cada parte, para sentenciar o partido.

Aquí tes os golazos de Chacón e Cardero:
https://www.youtube.com/watch?v=uqQ4G33MpzU&ab_channel=RealFederaci%C3%B...

Cronica do partido en "La Voz de Galicia"
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2024/01/14/arenteiro-percu...

Retransmisión do partido no "Mundo Deportivo"
https://www.mundodeportivo.com/futbol/fc-barcelona/20240113/1002169167/a...