Un "hat trick" de Martín da os 3 puntos ó Arenteiro perante ó Tomiño

Data: 
14/2/2010
Tres goles de Martín e pouco máis, ésta pode ser a frase que resume o visto nesta neste domingo de antroido en Espiñedo. O Arenteiro volveu ofrecer unha tarde rácana de fútbol á súa parroquia, menos numerosa do habitual, fose plo frio ou pola celebración do antroido, ou porque este equipo non engancha, o certo é que espiñedo rexistrou a pior entrada da tempada. O resultado pode resultar moi engañoso, xa que malia o 3-0, nin moito menos o Arenteiro fixo un partido de bó nivel, e moito terá mellorar se quere aspirar a chegar ás xornadas finais do campionato con opcións ós postos de ascenso. O Arenteiro gañou este partido, e atá con certa comodidade, porque desta vez tivo o santo de cara. Martín inaugurou o marcador cando se consumiía o primeiro cuarto de partido, e fixo o segundo no sempre sicolóxico minuto 45. O Tomiño non foi capaz de marcar nin de penalti. Có 2-0 no marcador os visitantes poideron meterse no partido á media hora da segunda parte, pero impedíuno o meta Iván, despexando o balón. Ó pouco, o trigoleador Martín, finiquitaba o partido. O Arenteiro quedabase cos tres puntos aproveitandose dos erros en defensa do Tomiño. Con esta victoria, os carballiñeses sitúanse quintos na táboa, a dous puntos do 2º e a 4 do líder Choco.

Comentarios

Dende logo, xa lles vale a

Dende logo, xa lles vale a moitos os que utilizan este espazo para criticar, insultar, facer demagoxia, e xogar dende o banquillo ademais de arranxar as contas do Arenteiro, coidar da alineación, a xestión do equipo....enfin! pero vamos a ver, si tanto entendedes, sabedes e podedes, porque non vos facedes cargo do equipo, e o sacades a diante? E a ver cando vos adicades a aprender novas verbas..porque fartades con tanta incultura e ignorancia. E Lolo Carril, porfavor, cambia o discurso, que te fas verdadeiramente aburrido e pastoso. Tanto copiar os realmente profesionais do micrófono, que non tes nin identidade propia nin dende logo locuacidade suficiente para amenizar o teu programa dun xeito menos repetitivo. Firma María, unha veciña de Boborás a que dende logo lle gusta o deporte, pero o de verdade.

Mira Maria,con todo ó meu

Mira Maria,con todo ó meu respeto e con toda a democracia e liberdade de expresión quesempre hai no programa de Don Lolo Carril,estás moi equivocada,nos ós socios do Arenteiro de toda a vida,ós que xogamos no equipo da nosa vila,temos máis ca ti se cabe a criticar,para ben ou para mal,ó que se está a facer tanto a nivel deportivo como institucional. Que sería se non existise xente coma LOLO CARRIL,que está sempre ó pé do cañón dando información de todos ós deportes da COMARCA,e a min particularmente encantame a súa forma de levar ó programa,por iso ánimo LOLO E Ó QUE NON LLE GUSTE QUE CAMBIE DE EMISORA QUE PARAISO ESTAMOS NUN PAÍS DEMOCRÁTICO E CON LIBERDADE DE IDEOLOXIAS E GUSTOS. E MARÍA UN CONSELLO,ALGO É ABURRIDO E PASTOSO CANDO NON SE TEN NIN IDEA DE QUE VAI Ó TEMA CADA DÍA,OK.

Parece que a algúns lle

Parece que a algúns lle molestan as críticas a esta emisora. Estache ben, defenden a crítica anónima á directiva, entrenador e xogadores do arenteiro pero non lles senta nada ben a crítica q se fai da emisora na súa propia web. E para rematar, como non comparten a opinion expresada, din q si lle parece "aburrido" e "pastoso" o programa é pq non entende de fútbol. Estamosche bos! E fala de liberdade, democracia e non sei q máis milongas! Si vos criticades, outros poderemos criticar tamén o programa. E aviso: non son directivo, nin xogador nin nada parecido, só son un socio q cando lle apetece e pode se achega a ver e animar ao clube da súa vila...e tamen cando pode escoita -ainda q cada vez menos pq leva dous meses contando o mesmo- o programa de Lolo.

Non sabia que a nai do Lolo

Non sabia que a nai do Lolo tivera conexion a Internet, pero estou totalmente de acordo con ela, se non existise xente coma o Carril desde logo haberia que inventalo, porque que seria do deporte carballiñes sen él ¿eh? ¿Alguén o sabe?.¿Tal vez a nada o vacío?

Outro co conto de coller

Outro co conto de coller equipo, pero vamos a ver, os que están ahí expoñense as críticas, senon que non entren, un equipo que está gastando os cartos que están gastando, e aínda por riba non se lle pode esixir, si tal esiximoslle o equipo de Os Chaos.

Pues yo se de futbol mas que

Pues yo se de futbol mas que todos vosotros juntos y creo que el equipo de este año es el mejor de las ultimas 15 temporadas.

Pero dade a cara vós os da

Pero dade a cara vós os da directiva,e facede dunha p.....unha asamblea seria e deixade que se fagan preguntas e como andan as contas a día de hoxe,e deixade de enganar os socios,pq non se quere nin se vai ascender,dimitide dunha vez todos,estades metidos ahi por interese e poltiqueo,fora xa,fora xa,adolfo e company.

ESTIMADO ANONIMO, SENON

ESTIMADO ANONIMO, SENON RECORDO MAL HAI POLO MENOS UNHA ASAMBLEA CADA ANO, DE FEITO HAI POUCOS MESES HOUBO UNHA E CUN TURNO DE ROGOS E PREGUNTAS NO QUE PUIDECHES INTERVIR (SUPOÑENDO QUE SEXAS SOCIO/A) E SEN EMBARGO NINGUN DOS PRESENTES COMENTOU NADA DO QUE TI AFIRMAS, CO QUE DEDUZCO QUE OU ERES UN MENTIROSO OU ERES UN COBARDE QUE SE ESCONDE TRAS O ANONIMATO DESTE FORO PARA ESCUPIR LIXO. ASEGUROCHE QUE OS INTERESES QUE MENCIONAS NON OS COÑEZO SO CHE DIREI QUE A MAIORIA DOS DIRECTIVOS ADICAMOSLLE A ESTO UN MONTON DE TEMPO E INCLUSO DE DIÑEIRO QUE PODIAMOS ADICAR A OUTRA COUSA, PERO EVIDENTEMENTE FACEMOLO PORQUE NOS GUSTA, DENDE LOGO NINGUEN NOS OBRIGA A ELO E A PRIMEIRA E DERRADEIRA VEZ QUE ESCRIBO NESTE FORO PORQUE O QUE QUEIRA FALAR CONMIGO OU CON CALQUER DIRECTIVO SABE ONDE ATOPARNOS E ASEGUROCHE QUE RESPETAMOS A PALABRA DE TODOS E CADA UN DOS SOCIOS PERO EVIDENTEMENTE CADA QUEN QUERE UNHA COUSA DIFERENTE E NON SE PODE CONTENTAR A TODOS O QUE SI TEMOS CLARO E QUE BUSCAMOS O MELLOR PARA O CLUB AINDA QUE TI PENSES OUTRA COUSA, DE FEITO SE A DIXERAS A CARA A TUA OPINION SERIA MOI RESPETABLE PERO DA MANEIRA QUE O FAS XA POR VARIAS VECES, QUEDAS ABSOLUTAMENTE RETRATADO/A. ASINADO. ADOLFO NOGUEIRA CAMPO

pois a mín gústame o

pois a mín gústame o Arenteiro, xoga ben, os xogadores corren moito, o entrenador e bó, gañan moitos partidos no espiñedo, a directiva e eficiente e ainda por enriba PON CARTOS.......etc. Esto é o que queren oir algunhos pois se dís o contrario paecelles mal e "rífanche". SI BUANA.

Poñer cartos? vaia... non

Poñer cartos? vaia... non sabía eu que o C.D.Arenteiro era unha SAD, que podería selo, pero non o é, asi que a misíón dos directivos é traballar e dirixir o club, e o que queira poñer cartos, se é que lle sobran, non tén máis que facer unha donación. E se é empresario, ó mellor atá lle desgrava. Así que... anímate!

Se fora unha SAD seguro que

Se fora unha SAD seguro que ti ias estar ali o primeiro para poñer pasta, boquitas.

Estimado Adolfo, en primeiro

Estimado Adolfo, en primeiro lugar emprega minusculas, que nun foro en internet o poñer maiúsculas é sinónimo de berrar, cousa que creo que non debería facer un directivo do clube con un suposto socio, e aclaro que non son eu o que escribiu arriba. En segundo lugar un directivo debe amosar respeto pola maneira que teña un socio ou afeccionado o clube de expresarse, ben sexa cara a cara, en internet, na televisión ou no marca, cada un é libre, e non creo que por iso quede retratado, retratado se queda por outras moitas cousas. En terceiro lugar, eres bastante demagogo con iso de por cartos, iso é absolutamente falso, no de adicar tempo, eu penso que iso xa o sabias cando embarcaches na directiva. E por último, o que terías que facer en vez de entrar o trapo, e que a túa directiva cadrara mellor as contas e non quedar a deber cartos como o ano pasado para dar que falar por toda a preferente sur. Tamén, si o obxetivo é quedarse na preferente, para iso non é necesario gastar 12000 euros en nóminas cada mes. Asinado: Un socio que non lle sale dos collóns de dicir quen é, e que elixe a páxina da Cope do Carballiño para expresarse...

Dese logo ten que haber de

Dese logo ten que haber de todo, que rapido se nos esqueceu que hai catro anos este super Arenteiro, codeabase por non descender a 2ª rexional con equipos da talla do Soutopenedo ou o Francelos, e mira por donde segun a clasificacion, agora, somos o terceiro equipo da provincia so por detras de Ourense e Verin (este por pouco tempo), cando non hai moito tiñamos por riba a Cortegada, Velle, Antela, Celanova, Ourense B, Ponte, Barbadas e nalguns momentos incluso o Maside ademais de 15 equipos de 1ª rexional que nos superaban. De estar a dez minutos de desaparecer a ter opcions reais de voltar a 3ª, por moito que a algun lle proia o club esta no bo camiño, e cada dia da un paso mais. ANIMO O EQUIPO E A DIRECTIVA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Hai que seguir asi sen facer caso os falabaratos que so buscan facer mal sen dar a cara.

Tamé fai 4 anos non se

Tamé fai 4 anos non se gastaba nin a 1/5 parte do que se gasta ahora, e falabaratos son aqueles que se creen en posesión da verdade absoluta, e aqueles na que súa ignorancia é sublime

¿E logo non sera que se agora

¿E logo non sera que se agora hai mais presuposto é porque se traballa mais e mellor?¿ ou sera porque a directiva de agora se senta a agardar e as empresas lle traen a pasta a Espiñedo e os de antes non lle daban nada por feos?. Hai cinco anos en Espiñedo habia seis carteis publicitarios e agora hai mais de 200 empresas colaboradoras, ¿que pasa que queres que a directiva traballe e despois che consulte a ti as decisions deportivas?, ¿e logo quen eres Valdano?. Che vite.

¿socio de quen? ¿do Barbadás?

¿socio de quen? ¿do Barbadás?

De quen ti queiras...

De quen ti queiras...

pois logo do Barbadás

pois logo do Barbadás

FALA BEN QUE PARA SER TAN

FALA BEN QUE PARA SER TAN LISTO ERES MOI MALFALADO

O partido do domingo foi

O partido do domingo foi desastroso, un equipo perdido no campo, sin orden nin concierto, con xogadores contrastados e que non imos descubrir agora, como Diego soto, que solo lle falta xogar de porteiro. Un completo caos de equipo, perdido no campo, ¿quen dirixe a este equipo? este Marquitos é como o Pellegrini, vaia dous lumbreras do fútbol.

e de seguro que todos

e de seguro que todos (directiva,entrenador e xogadores) sairon o Domingo do espiñedo orgullosos e ledos por ganarlle o partido a "charanga" do Tomiño, cuan miseria, tacañeria, pasotismo, pobreza,ridiculo ....etc hay neste Arenteiro. O equipo é fiel reflexo dos que o dirixen e mentras non se marchen esto non ten solución. Resignación ou quedar na casa é o único que nos queda os socios e aficionados.

todo vai mal, todo e unha

todo vai mal, todo e unha pena pero estamos a dous puntos do ascenso, se chega a ir algo ben xa lle levariamos polo menos 42 puntos o segundo, que parece ser o unico que alguns consideran aceptable. Tralari, tralara.

tanto que queres o C.D.

tanto que queres o C.D. ARENTEIRO , da a cara , iste domingo vamos a Barbadas e o siguiente ven o Arosa, esperamoste. asi calquera fala.

Xa piquei unha cantas veces,

Xa piquei unha cantas veces, a min estos non me collen noutra, cando fagan méritos volveréi a Espiñedo.

OEEE OEEEEE OEEEEEEEEEEEE

OEEE OEEEEE OEEEEEEEEEEEE OEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE ARENTEIROOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

HOMEEE, XA ESTA AQUI O

HOMEEE, XA ESTA AQUI O AFICIONADO DE TODAS AS SEMANAS COA SUA CANSINA CANTINELA E OPINANDO DENDE A SUA COMODA ATALAIA ANONIMA. SE TANTO QUERES O CLUBE O QUE TES QUE FACER E DEIXAR DE TIRAR A PEDRA E AGACHAR A MAN E AVANZAR UN PASO O FRENTE E DAR A CARA COMO FAN OS QUE TRABALLAN E REPITO TRABALLAN TODOS OS DIAS PARA SACAR O CLUB ADIANTE. A VECES ACERTAN E OUTRAS NON PERO POLO MENOS VAN DE CARA E NON DE GRANDES FENOMENOS NA SOMBRA. ERES A VIVA DEMOSTRACION DO FACIL QUE E FALAR, DE EFEITO, CANDO POIDAS MANDA UNHA FOTO TUA QUE A QUEREN POÑER NO DICCIONARIO DA RAG PARA ILUSTRAR O TERMO DEMAGOXIA. HASTA NUNCA "AMIGO".

Se queres dígoche que co

Se queres dígoche que co Tomiño xogaron de película, que é para estar orgullos deste equipo e bla,bla,bla...sequeres vamos a contar mentiras trailalaaa vamos a contar mentiras trailaaaa

Efectivemente a cuestion non

Efectivemente a cuestion non é a de que por criticar xa ten un que coller o equipo, iso paréceme absurdo, a afición é soberana e ten o seu dereito a criticar todo aquelo que non lle gusta...e non me vale a contestación de que "colleo ti", eu a ises contestolles...se non te ves capaz deixao...un tio que está de presidente ou na directiva está porque quere, ninguén lle puxo unha pistola no peito, e unha vez que estas, pois intenta resolver da millor maneira a situación, e non encarándote cos socios ou a afección. No referente a o equipo, DE PENA, eu xa o levo dicindo varias semanas, isto necesita un lavado de cara urxente, eu empezaría cambiando o capitán do barco, o cal xa me demostrou o longo do último ano e medio a súa ineptitude...A miña aposta e que terminaremos sobre 10º clasificados...o tempo.

Completamente de acordo co

Completamente de acordo co que dis...a miña opinión calcada, e no de 10º creo que estas sendo moi optimista...