Un home falece ao ser atropelado por un turismo que daba marcha atrás na localidade de O Tellado

1, Xuño 2016

O suceso tivo lugar a última hora desta mañá na localidade de O Tellado, na parroquia de San Román de Viña, no concello de San Cristovo de Cea.

O conductor do turismo realizaba unha manobra nese momento e non percibiu a presenza da víctima.

Debido ao forte impacto e a posición na que quedou o turismo, foron necesarios os medios de excarcelación, para liberar ao falecido, traballlos que realizou o equipo de excarcelación de Protección Civil do Carballiño.