Un infausto récord: oitavo roubo no Fuchela, tras romper a cristaleira cunha maza

12, Febreiro 2020

Aconteceu esta pasada madrugada de mercores, os ladrós volveron conseguir entrar no interior do Restaurante-Pulpería Fuchela, e son xa oito veces dende a súa apertura en 2011.

Desta vez, accederon ao local tras romper cunha maza a cristalera da fachada, na Avenida 25 de Xullo do Carballiño, os ladróns tiñan como obxetivo apoderarse do diñeiro da máquina "tragaperras".

Dase a circustancia que este local, referencia na hostelería carballiñesa, permanece pechado por vacacións dende principios desta semana.