Un inoperante Arenteiro cae derrotado en Velle, 3-0

27, Novembro 2011

Máis do mesmo, un Arenteiro na súa liña dos últimos partidos, incapaz de marcar un gol en 270 minutos, tampoouco hoxe no campo de Santa Marta de Velle o equipo de Dacosta ofreceu síntomas de melloría, volveu a amosarse como un equipo sen recursos e totalmente inoperante. Non é capaz de crear ocasións de gol e as poucas que fai en cada partido non acerta a resolvelas, no de hoxe apenas anotamos dúas xogadas de perigo dos carballiñeses, cando estaba a punto de rematar a primeira parte un balón que se cola polo medio da defensa local non é aproveitado por Alén, no ún contra ún, o meta local logra interceptar o balón. A outra única ocasión do partido na que o Arenteiro creou perigo foi xa na segunda parte, cando Cancelas rematou de cabeza un balón que o porteiro local Jacobo enviou a corner. Pola contra, o Velle soubo aproveitar moi ben as súas ocasións e tranformalas en goles, todas elas no segundo periodo do partido, xa que atá o descanso o xogo foi unha sucesión de imprecisións por ambos equipos sen apenas aproximacións de perigo ás dúas porterias.

Foi entón na reaunudación, aos 5 minutos, cando o Velle inaugubaba o marcador nunha xogada a balón parado, ao saque dunha falta, coa defensa do Arenteiro dormida, que deixa libre de marca ao dianteiro do Velle, que remata a placer. Os locais ampliaban a súa renda no marcador á media hora desta segunda parte, ao tranformar un penalti, e xa cando se entraba en tempo de desconto chegaría o terceiro gol do Velle, nun tiro desde fora da área que sorprendeu por completo a Samuel.

Có de hoxe en Velle, son xa 3 os partidos que suma o Arenteiro sen marcar un gol, se ademáis de esta inoperancia da dianteira verde, sumamos os despistes defensivos, como o que propicia o primeiro gol dos locais, e ademáis as evidentes carencias e desaxustes no medio do campo, é fácil concluir que asi é moi dificil gañar un partido. O Arenteiro é un querer e non poder partido tras partido, sen dar síntomas de melloria, aínda que o 3-0 de esta tarde acaso sexa un castigo excesivo para o visto no campo de herba artificial da parroquia de Santa Marta de Velle. Ou se endereza o rumbo ou a este Arenteiro se lle vai complicar e moito o ascenso de categoria, e éste e non outro é o único obxetivo de este equipo, o non logralo sería un fracaso. E visto o visto o equipo aumenta as dúbidas conforme vai avanzando a competición.