Un matrimonio de Salamonde e o seu fillo, primeiro caso de contaxio familiar na comarca

5, Abril 2020

Un matrimonio, home e muller, veciños da parroquia de Salamonde, no concello de San Amaro, o seu fillo e a esposa deste, foron diagnosticados con COVID 19, no transcurso dos últimos dias. 

O matrimonio maior, home e muller, que viven en Salamonde e ambos de avanzada idade foron hospitalizados no CHUO. Os outros dous familiares, o fillo, que reside en Ourense aínda que frecuentemente visitaba aos seus pais en Salamonde, tamén estivo ingresado pero xa foi enviado ao seu domicilio para seguir coa súa recuperación, igual que a súa esposa.

Trátase do primeiro caso de contaxio no ámbito familiar coñecido na comarca do Carballiño. 

No municipio de San Amaro, outro home de 68 anos de idade, tamén deu positivo en coronavirus, veciño da parroquia de San Cibrán de Lás, permanece en cuarentena no seu domicilio.