Un "rasca de verán" premiado con 50.000 euros no Carballiño, vendido por Marta Pérez no seu posto da Alameda.

9, Agosto 2024

Un boleto do "rasca de verán" premiado con 50.000 euros foi adquirido polo afortunado cliente no posto de venda da ONCE sito nos soportais da Alameda do Carballiño, ao lado do Aparthotel Arenteiro.

Marta Pérez, a vendedora da ONCE que deu o premio comentou en COPE O Carballño que entregou o premio "a un home que non é cliente habitual, se o vexo recoñezoo, pero non sei máis da súa identidade, nin sei se é veciño do Carballiño ou doutro lugar da comarca, ou se é de fora".

En todo caso, a vendedora móstrase feliz por dar este premio "o máis importante que traballo na ONCE". Marta é natural e veciña de Maside e comezou como vendedora da ONCE en Ourense "e agora levo no Carballiño dous anos, feliz de traballar na casa".