Un tremor de terra de magnitude 1,9 esta madrugada localizado en As Caldas de Partovia

30, Agosto 2023

O Instituto Xeográfico Nacional informa dun tremor de terra que tivo lugar ás 4,51 horas desta madrugada de mércores, un tremor neste caso a superficie da terra e dunha mgnitude de 1,9.

Un veciño do Torrón acreditou en COPE O Carballiño que adevertíu este pequeno terremoto na súa vivenda, sita nesta localidade xa pertecente á parroquial de Señorín, mentres que os sismógrafos do IXN localizaron o epicentro deste pequeno terremoto na parroquia de Partovia, en concreto nas Caldas de Partovia.