Un veciño de Pazos de Arenteiro enfróntase a unha multa de 7.900 euros por infracción ao patrimonio cultural

6, Agosto 2012

Asi o recolle unha resolución da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, impoñendo esta sanción económica ao propietario dunha vivenda no Iglesario "como responsable da comisión dunha infracción contra o patrimonio cultural de Galicia".

O procedemento ten que ver coa obra de ampliación dunha edificación na que se pechou a solaina existente, nunha vivenda sita no lugar do Iglesairo, dentro do núcleo histórico de Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás.

A resolución recolle que o propietario da vivenda executou a obra sen a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sendo obxeto de denuncia por parte doutro veciño da mesma localidade, que ademáis daba conta da construcción dun anexo na vivenda da polémica, e facendo constar que "a localidade de Pazos de Arenteiro está declarada conxunto monumental histórico-artístico e que é obxeto de especial protección por parte da administracción".

Tanto o recurso de alzada como as posteriores alegacións feitas polo denunciado foron desestimadas pola Xefatura Territorial da Xunta e resolve "impoñer unha sanción de 7.900 euros por infracción ao patrimonio cultural de galicia, ordenando repoñer as cousas ao seu anterior estado".