Unha carballiñesa de 69 anos, primeira veciña infectada polo virus que precisa hospitalización
![](http://copecarballino.es/sites/default/files/styles/nodo/public/chuo.jpg?itok=wKRL-d5R)
A muller, de 69 anos de idade e con domicilio no Carballiño, fixera unha viaxe fora de Galicia unhos dias antes de decretarse o estado de alarma.
Xa no Carballiño, comezou a sentir os síntomas máis comúns do virus, tos e febre, polo que acudíu a urxencias, fixéronlle a proba e quedou en observación, ata que confirmaron que se trataba dun contaxio de COVID 19.
Encóntrase ingresada no CHUO, a súa evolución é favorable, según confirmaron a COPE O Carballiño dende a súa familia.