Unha das seis vítimas do autobús que se precipitou ao río Lérez en Cerdedo, unha profesora do IES nº 1 do Carballiño

25, Decembro 2022

Unha profesora do IES nº 1 do Carballiño encóntrase entre as seis vítimas mortais do autobús accidentado na N-541 na noite deste pasado sábado dia 24 tras precipitarse nun viaducto de 29 metros sobre o río Lérez, a altura do concello de Cerdedo-Cotobade. 

Dende o instituto carballiñés, a través das súas redes sociais, móstranse as condolencias a familiares, amigos e compañeiros "Guadalupe Díaz González, sempre estarás con nós". A profesora, de 44 anos de idade, era natural de Lugo e residía na actualidade en Lalín, localidade da que se desplazaba a diario ata O Carballiño para exercer a súa actividade docente no IES nº 1.