Unha fin de semana de marzo con abundante neve nas parroquias de Oseira e Vales

10, Marzo 2024

Cumplironse os pronósticos e esta segunda fin de semana de marzo chegou cunha boa nevarada nas zonas máis elevadas da nosa comarca, onde máis, nas partes máis altas das parroquias de Vales e Oseira, onde na xornada do sábado complicouse bastante a situación nos accesos a varias localidades ata que actuou o vehículo quitaneves do concello de San Cristovo de Cea, que deixou as estradas transitables, pero con moitas dificultades.

Áspera, Confurco, e sobre todo Povadura e Arenteiriño, foron as localidades onde a nevarada foi máis copiosa. Na tarde do sábado, foron numerosas as familias do Carballiño e outros lugares da comarca que se achegaron a esta zona da parroquia de Vales e de Oseira para gozar da neve,  de igual maneira que outros elixiron a parroquia de Vales, na zona maís próxima aos cumios da Serra da Martiñá.