Unha rotura na rede de abastecemento e a treboada causan numerosas incidencias no Carballiño

5, Xuño 2011

A rotura, á ultima hora da tarde do domingo, afectou á tubería principal da rede municipal de abastecemento á altura do cruce das rúas Conde Vallelano con Curros Enríquez e Rosalia de Castro. Durante aproximadamente media hora, a gran cantidade de auga que saíu á superficie convertíu á rúa Pincipal nun pequeno río, e provocou grandes desperfectos na calzada. Os traballos de reparación motivaron que tivese que cortarse o tráfico neste punto neurálxico do centro urbano do Carballiño  e numerosos usuarios quedaronse sen suministro domiciliario, atá que os operarios de Aquagest lograron restablecer o servizo. Antes, arredor das catro da tarde, unha impresionante treboada  descargou gran cantidade de auga sobre O Carballiño e o resto do ámbito municipal, na estación meteorolóxica do IES Manuel Chamoso Lamas recolleronse 60 litros por metro cadrado, en forma de choiva e saraiba. En apenas 20 minutos anegadas varias rúas, a auga entrou en baixos comerciais e sotos de edificios, unha problemática que afectou sobre todo os inmobles da rúa Calvo Sotelo. Coma consecuencia da tromba de auga e os fortes ventos, a maioria dos postos da feira ecolóxica "Bioterra" que se celebraba na Praza Maior optaron por retirarse. A treboada tamén enfriou o ambiente e deslucíu a Festa das Parroquias, que tiña lugar na localidade de Pol de Piteira,