Unha traballadora do centro Alvetus de Avión, primeiro caso de contaxio confirmado nas residencias de maiores O Ribeiro-O Carballiño

31, Marzo 2020

Unha traballadora do Centro Integral de Servizos Sociais é o primeiro caso positivo de COVID 19 oficialmente confirmado por Sanidade nunha residencia de maiores no ámbito das comarcas do Carballiño-O Ribeiro.

A Xunta activou xa o protocolo para determinar se hai máis casos entre o persoal e as persoas residentes nesta residencia de maiores sita no lugar do Sifón, preto da capitalidade municipal do concello de Avión.

No resto das residencias de maiores do territorio intercomarcal, nas que residen na actualidade algo máis de 700 persoas en total, Sanidade non ten confirmado ningún caso positivo en coronavirus.