Unha única persoa demandou o servizo municipal de axuda ás persoas maiores dende o pasado lúns, o concello recorda que pode solicitarse no 988 530007

18, Marzo 2020

A casa do concello do Carballiño volveu acoller una reunión da comisión municipal de seguimento pola crise do coronavirus, na mema informouse do traballo de desinfección que se efectúa nos accesos aos supermercados, praza de abastos, centro de saúde, farmacias, Xulgado, Facenda, Cáritas, Cruz Vermella, estancos, tanatorios, Grumir e outros espazos públicos.

Tamén se analizou o Servizo de axuda ás persoas maiores que viven soas para mercar alimentos ou solicitar medicinas.

Ainda que desde que se puxo en marcha este servizo só o solicitou unha persoa, lémbrase que seguirá operativo mentres dure a cuarentena.

Calquera persoa que o necesite pode chamar en horario de 09,00 a 14,00 h., aos seguintes teléfonos: 988 530007 (Concello) 988 531076 (Servizos Sociais)