Unha veciña da rúa Fernández Pousa sufre unha intoxicación provocada polo fume dunha pota incendiada na cociña

9, Marzo 2015

Unha muller de 84 anos, veciña da rúa Manuel Fernández Pousa do Carballiño tivo que seer trasladada ao centro de saúde do Carballiño tras sufrir unha intoxicación provocada polo abundante fume dunha pota incendiada na cociña da súa vivenda.

Foi unha veciña da muller a que deu aviso ao CAE 112, que solicitou a intervención do servizo municipal de Protección Civil e emerxencias médicas. Procederon a trasladar á muller, á que encontraron tendida no chan,  ao centro de saúde do Carballiño, onde foi atendida e dada de alta unhas horas despois, igual que un Policia Local que tamén tivo que ser atendido con intoxicación leve, tras participar no operativo.