Unha vergonza que dura catro dias: veciños do rural do Carballiño pasaron a noiteboa sen luz

25, Decembro 2019

Son éstas as consecuencias do temporal varios dias despóis, e tamén a falla de respecto ao noso rural, porque doutra maneira non se entende que houbese veciños de aldeas do concello do Carballiño e outros lugares, que tivesen que pasar a noiteboa sen luz eléctrica.

E esto despóis de que Naturgy aseguráse que o servizo eléctrico estaba restablecido ao cento por cento en toda a xeografía galega, despóis de que se publicáse que "os galegos poderán cear esta noiteboa con luz", e mesmo que onde fose preciso se recurriría a grupos electróxenos para recuperar o servizo, o certo é que non foi asi.

A apenas a unhos poucos kilómetros do Carballiño está a aldea de Aguisar, na parroquia de Partovia, onde varios veciños tiveron que celebrar a noiteboa á vella usanza, á luz das velas e o candil. 

No mesmo municipio do Carballiño, veciños da parroquia do Varón manifestaron a súa indignación en COPE O Carballiño, ao entrar na cuarta xornada sen suministro eléctrico nos seus fogares sen que se resolva unha avaría que, ademáis é un agravio entre a propia veciñanza porque mentres nunhas casas restableceuse o fluido o pasado martes, noutras non.

Ademáis, neste pasado dia de noiteboa, tamén sufriron cortes de enerxía eléctrica de distinta duración, en localidades dos municipios de Avión, Leiro, San Amaro, O Irixo e San Cristovo de Cea, aínda que en todos os casos as incidencias resolveronse no transcurso da mesma xornada.