A Unidade de Atención Temperá da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, que presta este servizo a máis de 150 nenos de 0 a 6 anos, poderá ampliar horas cun incremento da subvención concedida pola Xunta.

4, Outubro 2023

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a resolución dunha nova orde de axudas para as unidades de atención temperá, entre as que figura a da Mancomunidade de Concellos do Caballiño, que presta atención a máis de 150 nenos e nenas entre os cero e os seis anos, que xestiona a entidade comarcal que agrupa aos concellos de Boborás, Beariz, San Amaro e O Irixo.

Ademáis, esta unidade tamén ofrece este servizo mediante convenios de colaboración, para os concellos do Carballiño, Maside, Piñor e a Mancomunidade do Ribeiro. A alta demanda que está rexistrando este servizo facía necesaria a ampliación de horas de atención por parte dos profesionais que atenden aos cativos, o que vai ser posible para o ano 2024 a través desta orde, posibilitando a contratación de maís persoal. A Mancomunidade de Concellos do Carballiño recibirá para esta finalidade un incremento da subvención inicialmente concedida, que ascende a 23.455 euros.

Os cativos que acuden a este servizo reciben de forma gratuíta atención para atendenr as necesidades transitorias ou permanentes relacionadas con transtornos no seu desenvolvemento ou en risco de padedelos. Un equipo formado por logopeda, psicologo e terapeutas ocupacionais atenden este servizo que foi incrementando a súa demanda desde a súa creación por parte da Mancomunidade de Concellos do Carballiño.