Unión Grove 1-1 CD Arenteiro

17, Maio 2017

Un gol no primeiro minuto de xogo a favor do Unión Grove complicou o partido para o Arenteiro no campo do Monte da Vila, porque desde o minuto dous os locais dedicarónse a perder tempo e afear o partido, actitude protestada pola numerosa afección do Arenteiro desplazada  ata a vila mariñeira, no minuto 64 empatou Rubén Arce de penalti e aínda con tempo para lograr unha remontada que ao final non foi posible.

O gol local no case que o único lanzamento a portería de todo o partido no primeiro minuto de xogo  pesou coma unha lousa sobre os carballiñeses, un tiro dende fora da área que se cola practicamente pola escadra da portería de Israel.

Ademáis, tampouco favoreceu o resultado do Valladares-Ourense CF, ao final un 3-4 que leva aos ourensanos á segunda posición e a depender de sí mesmos para lograr o ascenso directo á terceira división.

Pola contra, o Arenteiro, practicamente toda a liga en ascenso directo, terá agora que esperar un moi pouco probable tropezo do Ourense CF na derradeira xornada, ou senón serán os verdes os que teñan que xogar a eliminatoria da promoción de ascenso co terceiro clasificado da Preferente Norte.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Padrón, Martín, Saúl, Arbo, Bardelás, Dani Chimpin, Arce, Viite e Carlos de Dios. Tamén xogaron Pana, Sanginés, Alberto e Dafonte.