Valladares, convencido de que "Xero" se instalará en Cea

1, Xullo 2011

O Alcalde de Cea considera que as posiblidades de que a empresa británica "Xero" elixa o polígono industrial de Cea para instalar a factoria na que fabricaría un vehículo eléctrico son moitas e van en aumento conforme pasan as semanas. José Luis Valladares, que participou no programa "Asi son as mañás de Cope" que se emitíu desde Cea, manifestou que "dentro de pouco haberá unha noticia importante, porque unha gran empresa se vai instalar en Cea, e será un gran impulso para a dinamización económica non xa  do Concello de Cea, senón para o resto da Comarca"

. Preguntado por Xan Pinal sobre se "esa empresa" era a multinacional británica, Valladares dixo que "efectivamente, e ademáis podo decir que temos xa o seu visto bó  polos terreos, eso sí, unha empresa desta magnitude necesita a financiación para esa gran obra e poder desenvolver o seu proxecto". O Alcalde ceano tamén confirmou que a operación contaba coa aprobación da empresa "Las 5 Jotas", que promoveron a creación de este espazo industrial e que cederían á empresa birtánica "a cámbeo de unha compensación económica".

Finalmente, Valladares destacou  tanto a céntrica ubicación xeográfica como as extraordinarias comunicacións das que dispón o municipio de Cea, a carón da autoestrada de Santiago, no eixo do Ribeiro e moi preto da futura autoestrada de Lugo, pola que se dirixirá o tráfico cara Europa a través da autoestrada do Cantábrico, polo que "son varias as empresas, e asi nos consta, para as que o polígono infustrial de Cea tén un actractivo especial". Fai varios meses, "Xero" amosara o seu interés por ubicar o seu proxecto de fabricación de coches eléctricos no Concello de Melón, daquéla apuntárase que o proxecto industrial crearía unhos mil postos de traballo directos.