Valladares presenta no Stand do concello de Cea na Feira Verde de Galicia o cartel da 30ª Festa de Exaltación do Pan de Cea

8, Xuño 2023

Celebraráse na vila dos fornos o vindeiro domingo dia 2 de xullo, un evento festivo e gastronómico que chega este ano a súa trixésima edición, organizada polo concello de Cea o o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.

O alcalde en funcións, José Luis Valladares, presentou o cartel que promociona a festa dentro das actividades que durante esta semana desenvolve o concello de San Cristovo de Cea no seu stand da Feira Verde de Galicia, que ten lugar en Silleda ata o próximo domingo dia 11.

Neste stand, o concello de San Cristovo de Cea tamén ofrece a diario degustación de pan de Cea, en algunhos casos en colaboración con outras entidades, como as Denominación de Orixe Protexida dos Queixos de Galicia.