Veciños, Asociacións, e Partido Popular piden a paralización urxente da obra no contorno da Veracruz

7, Abril 2010

Conforme van pasando os dias, vai en aumento a oposición veciñal contra o muro proxectado para delimitar a futura praza da Veracruz. dunha parte, veciños, membros da Asociación Camiño, xente da cultura  e mesmo estudiosos da obra de Palacios como Felipe Senén López ou outras persoas moi vencelladas á construcción da Igrexa, presentaron un escrito ante a Comisión Provincial de Patrimonio Cultural, solicitando que se proceda á inspección da obra que se está a realizar, e mesmo se proceda a súa paralización para a correxir posibles erros. No escrito faise constar o gran impacto visual do muro que está en construcción, "que desfigura o carácter de simple adro co que o arquitécto Palacios concebiu esta obra, que pón en valor tipos de canterías, técnicas de canteiros e arquitecturas históricas de Galicia cargadas con fondo carácter simbólico". Doutra parte, o grupo municipal do Partido Popular dirixíu esta mañá un escrito ó Alcalde do Carballiño, no que lle pide que se proceda a trasladar esta inquietude á Direccción Xeral de Urbanismo e se analice este aspécto concreto da obra, ó tempo que "se solicite unha paralización urxente das obras, mentres non se chegue a un consenso con este proxecto". Finalmente, tamén sobre este mesmo asunto, volveu referirse hoxe o Concelleiro de obras e Urbanismo, Manuel Amil, asegurando que en reiteradas ocasións ven pedindo ós responsables da adiministrtación autonómica que teñen competencias no proxecto que procedan á resolución das alegacións presentadas, e tamén que "teñan en conta esta sensiblidade existente entre os veciños e veciñas do Carballiño, ós que non lle gusta o muro, que tampouco me gusta a min". Amil lamentou que " o partido popular queira agora sacar rendabilidade política deste malestar polo muro, porque ésta é unha obra de todo o pobo do Carballiño, e non de ningún grupo político"