Veciños de Garabás volven manifestarse para pedir explicacións pola instalación dunha antena e un vertedeiro ilegal

4, Xullo 2016

Veciños da localidade de Garabás concentraronse este pasado sábado na Praza do Concello de Maside para manifestar a súa oposición á instalación dunha antena base de telefonía móbil a escasos metros de vivendas habitadas e a existencia dunha vertudura ilegal "de centos de toneladas de residuos tóxicos procedentes de refugallos da construcción".

O manifesto da protesta denunciaba "o total abandono por parte dos responsables municipais do concello de Maside", aseguran que en Setembro de 2015 puxeron en coñecemento do alcalde de Maside a existencia desta vertedura e afirman que "o alcalde de Maside se comprometera a darlles unha solución".

Representantes da asociación "Plataforma Masidá" asistiron a esta concentración e informaron ao resto dos manifestantes que "a vertedura de residuos sólidos xa está denunciada", tamén subliñaron que non permitirán "difamacións insidiosas do alcalde, que se referíu a Plataforma Masidá como brazo armado ao servizo do Partido Popular, porque ademáis de ser difamacións que xeran odio e animadversión contra un colectivo social, son radicalmente falsas", enfatizaron.