Vehículos con rodas picadas e outros actos vandálicos esta fin de semana na contorna da rúa Alberto Vilanova

18, Abril 2022

Son numerosos os vehiculos que apareceron esta pasada fin de semana con diversos desperfectos intencionados, fundamentalmente coas rodas pinchadas, asi o manifestaron en COPE O Carballiño varios dos propietarios afectados por estes actos vandálicos, todos eles na contorna da rúa Alberto Vilanova

Os feitos rexistráronse no garaxe do edificio dunha comunidade, onde practicamente non se salvou ningún vehículo, asi como tamén foron varios os vehiculos danados que estaban estacionados na vía pública, Tamén se contabilizaron roubos en algún dos automóbiles e outros desperfectos nunha moto, nesta mesma zona.

Algúns dos veciños afectados confirmaron a esta emisora de radio que xa presentaron, e outros van facélo nas próximas horas, denuncias ante a Garda Civil.