Verin CF 0-0 CD Arenteiro

21, Decembro 2014

Empate sen goles no Estadio José Argiz de Verín, nunha tarde de moita néboa na que o Arenteiro regresa a O Carballiño cun punto que, tal como se desenvolveu o partido, case sabe a pouco. Non obstante, con éste en Verín, os verdes prolongan a súa racha e suman xa 7 partidos consecutivos sen perder na competición de liga en Preferente.

CD Arenteiro: Marcos Nieto, Gele, Diego López, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Ocampo ( Bardelás, m. 45), Victor Gallego (Dani Vázquez, m.63), Sanginés (Diego Quiroga, m. 67), Martín Pérez e Marcos Sotelo (Lois, m. 70).

O Partido: Clásico de rivalidade, moi trabado, e nunha primeira parte no que se xogou moi pouco tempo real, despois de que o partido estivese parado 12 minutos pola lesión do porteiro local Jorge, tras rexeitar un balón á escadra enviado por M. Sotelo. Unha vez que se reanudou o Arenteiro tivo por tres veces a oportunidade de adiantarse no marcador por medio de M. Pérez , Ocampo e D. López pero evitouno as meritorias intervencións do meta local, concluindo os primeiros 45 minutos co Arenteiro como claro dominador no terreo de xogo. Na segunda parte, no m. 53 chegaba a primeira ocasión -e practicamente única- do encontro a favor dos verinenses, despois o partido entrou nunha fase na que o xogo non tiña continuidade por ningún dos dous equipos, aínda que foi o Arenteiro -a balón parado- o que volveu estar a piques de marcar en sendas faltas ao borde da área lanzadas por Quiroga e Dani Arbo. Ambos equipos remataron o partido con 10 xogadores no campo, por expulsión de Vicente de Dios nos locais e Dafonte no Arenteiro, nos dous casos por doble cartón amarelo.