A vila de Leiro celebra esta fin de semana a XXXII Festa da Vendima. Consulta aquí todas as actividades e escoita o programa especial dos venres de verán en COPE O Carballiño.

25, Agosto 2023

O sábado 26 de Agosto, na xornada previa á XXXII Festa dá Vendima desde as cinco da tarde os maís cativos poderán gozar dunha gran ludoteca infantil na Praza Rei de Viana e a festa da espuma. Despóis, ás 21.00 horas levaráse a cabo a apertura da IV Mostra de Viños de Leiro, que continuará o domingo, e na que haberá degustacións de viños de 7 adegas deste concello ribeirao, e degustacións tanto de viños, como de licores e cócteles variados elaborados a base de viños do Ribeiro.

 O domingo 27, comeza a XXXII Festa dá Vendima ás 10.00 horas coa recepción de Acios a concurso seguido da propia exposición. A lectura do pregón farase as 12.00 horas na praza do Cruceiro e este ano estará a cargo do conselleiro de medio rural, José González Vázquez. Ás 12.15 horas terá lugar o desfile de carrozas e charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o antigo campo da Feira, asi como a V Concentración de Coches Clásicos.

No Salgueiral estará instalado o xa tradicional mercado artesanal, ás 13.30 horas ofrecerá un gran concerto a Real Banda de Gaitas dá Deputacion de Ourense,e as 14:30 h. iniciaráse o xantar organizado, co típico menú da festa da vendima, o prezo da tarxeta para este xantar é de 30 euros por comensal. 

Pola tarde, ás 16.30 horas, procederase á entrega de premios dos Concursos de Acios e de Carrozas, e a continuación darán inicio as actividades infantís e a festa no Salgueiral. Ás 17.45 horas disputarase o partido de fútbol de veteranos do Leiro CF e ás 20.00 horas celebrarase o concerto Corais dá Vendima que organiza a coral Val de Avia. Ás 22.00 horas será a fin de festa da vendima 2023 con animación musical no Salgueiral.