Vilalonga CF 2-0 CD Arenteiro

20, Setembro 2015

Primeira derrota do Arenteiro en liga tras caer por 2-0 no partido desputado no campo de San Pedro de Vilalonga ante o equipo locatario, que desta maneira fai pleno de victorias na Preferente Galicia tras cinco xornadas de competición.

O partido tivo unha primeira equilibrada, na que ambos estiveron igual de mal, practicando ambos un xogo moi primitivo e sen ocasións en ningunha das porterías.

Na segunda parte, saíu mellor o Arenteiro, pero no minuto 60 adiantouse o Vilalonga, que a partir dese momento foi mellor, aínda que non logrou sentenciar no marcador ata o minuto 89. Resultado xusto no peor partido do Arenteiro no que vai de liga.

No CD Arenteiro, que rematou o partido con 10 por expulsión -doble amarela- de Dani Arbo, xogaron de inicio Pachi, Marcos Vilachá, Maxi, Dani Arbo, Pana, Dafonte, Victor Gallego, Martín Pérez, Marcos Castro, Vitti e Dani Vázquez. No tramo final do partido entraron Marc, Bardelás, Sanginés e Marcos Sotelo.