Voluntarios traballan na restauración ambiental do "Puzo do Lago"

11, Xullo 2013

A Asociación Acción Ambiental presentou en Maside o Proxecto CEUS (Camiñando Cara Unha Europa Sostible) para restaurar o espazo natural "Puzo do Lago".

Lucas Lamelas, presidente de Acción Ambiental, xunto con Celso Fernández, alcalde de Maside, foron os encargados de presentar este programa enmarcado dentro de "La Juventud en Acción". O proxecto cosntará de tres fases: unha primeira consistente en charlas participativas que xa se desenvolveron no mes de xuño; unha segunda na que comenzarán os voluntariados de restauración no humidal "Puzo do Lago". Estos voluntariados realizaranse en dúas quendas durante os días 12 e 13 de xullo e 19 e 20 xullo. Os grupos estarán formados por 15 persoas.

A terceira fase do proxecto serán visitas guiadas ao "Puzo do Lago" en setembro. Terán como finalidade mostrar a importancia da educación ambiental e dar a coñecer o contorno á poboación.

Os obxectivos que presenta o proxecto CEUS son fomentar a implicación e participación cidadá en educación ambiental, e contribuír á conservación dos espazos naturais. Para isto, algunhas actividades que se realizarán son seguimento de fauna mediante fototrampeo, recollida de residuos, a creación dun refuxio para réptiles, entre outras moitas.

O proxecto queda aberto a calquera persoa maior de idade. Terán que contactar ben na páxina do programa www.proyectoceus.es, ou ben mediante correo electrónico contacto@proyectoceus.es ou accionambiental@hotmail.es.