Volve o Arcos F.C. e nace o Sporting Casino

3, Xullo 2012

O Carballiño contará no próximo curso futbolístico con dous novos equipos en competición federada. O Arcos F.C. e o Sporting Casino militarán na vindeira tempada na 3ª autonómica.

No caso do Arcos F.C. trátase dun regreso ás competicións, nas que xa participou atá chegar á 2ª autonómica, e chegando incluso a ser ún dos equipos punteiros da segunda categoria provincial. En canto ao Sporting Casino Carballiño, o mesmo tomará parte en competición federada por vez primeira, e nace ao amparo do Casino Cultural do Carballiño, como unha nova alternativa deportiva impulsada desde a propia entidade.