Votación no CEIP Calvo Sotelo: amplo respaldo á xornada única, que conseguíu o sí de 353 familias, o 78,10% do censo electoral

23, Xaneiro 2019

Amplísimo respaldo das familias á implantación da xornada contínua no CEIP Calvo Sotelo, unha vella demanda da comunidade educativa deste centro escolar de primaria e infantil.

Na xornada de votacións convocada pola Consellería de Educación celebrada este mércores 23 de Xaneiro acudiron a votar un total de 381 familas, das que 353 votaron a favor da xornada, o que representa o 78,10% do total de familias, 28 votaron en contra e 71 non participaron neste proceso.

Necesitábase o apoio do 58% do total do censo, que con este resultado superouse con moita claridade.