A Xefatura da Policia Local asegura que a maioría das terrazas cumpren a normativa e pide "menos intransixencia e máis tolerancia coa hostelaría"

26, Maio 2020

O responsable da Xefatura da Policia Local do Carballiño, Francisco Valeiras admite que son numerosas as queixas e denuncias que sigue recibindo sobre a normativa de terrazas dende que se iniciou a fase 1 da desescalada e hostalaría local volveu instalálas na vía pública.

“O problema das terrazas no Carballiño témolo con coronavirus e sen coronavirus, existen conflictos de intereses os que temos que atender prácticamente a diario, e esto sucede porque algunhas persoas siguen ó milímetro o comportamento de outros”, dixo Valeiras nesta emisora de radio.

E neste contexto, o Xefe da Policia Local fai unha chamada á comprensión “abogo pola tolerancia, sen poñer en perigo a seguridade sanitaria das persoas, a xente necsita volver a vivir, todos deberíamos colaborar, os hostaleiros e comerciantes están entre as grandes vítimas desta situación, non concibo un pobo que ten que cuidar os servizos e o turismo sen un mínimo de tolerancia”, reflexionou.

“É certo que algunhos locais aínda están tramitando as solicitudes de licenza, pero tamén o é que ninguén podía prever o que pasou o 14 de Marzo”, e mesmo asegurou Valeiras que “en contra do que pensa unha parte da cidadanía, a maioria das terrazas cumplen a normativa, asi o acreditan os informes que realizamos”.