As Xociviga, presentan unha semana de estreas, documentais e diversas exposicións para tódolos públicos

19, Agosto 2009

Inmaculada Ucha na presentación das Xociviga

(Redacción. Belén González) As Xornadas de Cine e Video de Galicia inaugúranse este vindeiro sábado 22 ás 21.30 horas da noite no Auditorio a cargo de Carlos Sante e Xaquín Domínguez. Ademáis contaráse coa proxección da película "Espías en la sombra". Este ano, as Xociviga inclúen varias estreas e máis de trinta filmes de diferentes temáticas, tamén estarán presentes numerosos directores galegos que lle presentarán ó públicó as súas obras. Estas xornadas contarán cunha exposición que leva por título "O cartelismo das actividades cinematográficas en Galicia. Arte e deseño 1973-1989". Esta vixésimosexta edición recupera os espazos adaptados para proxectar os filmes como son o Auditorio Municipal e a Casa da Cultura. Haberá un total de sete seccións: Gran cine que inclúe filmes para adultos de recente estrea; cine para nenos nas que se poderán ver diversas películas recentes; cine de autor adicado ós máis cinéfilos; cine en galego no que se inclúen longametraxes, curtametraxes e documentais e un longo cartel.

O domingo 23, ás 17.00 horas proxectaráse a curta "The Werepig", ademáis de "Kika superbruja", adicada ós máis cativos. ás 20.00 horas, o Auditorio acollerá o filme "Un bo Home" e ás 23.00 horas a saga de Harry Potter pechará a xornada. Por outra banda, na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas, os asistentes poderán ver "Vacaciones de Ferragosto".  O luns 24 a xornada comezará ás 11.00 horas no Auditorio coa película de "Hanna Montana" e continuará ás 17.00 horas con "O espíritu do bosque", a curtamentraxe "O espello" e "Huidos", ás 20.00 horas e ás 23.00 horas a curta "Mínimo común múltiplo" e "Ángeles y demonios" pecharán este día. Mentres tanto, na Casa da Cultura, ás 20.00 horas haberá dous documentais como "Afranio" e "O clube dos sen teito". O día 25, o Auditorio proxectará ás 11.00 horas a película "Monstruos contra Alienígenas" adicada ós máis novos e ás 17.00 horas será "Harry Potter y el misterio del príncipe" o filme que faga as delicias dos nenos. ás 20.00 horas a curta "X Nada" e "Coco, de la rebeldía a la leyenda de Chanel". Ás 22.30 horas faráse entrega da insignia de ouro e ás 23.00 horas, o director Alfonso Zarazua presentará "A noite que deixou de chover". O mércores 26, o Auditorio presenta ás 11.00 horas "Corazón de Tinta" e ás 20.00 horas, a curtametraxe "Coser e cantar" e "Los girasoles ciegos". Ademáis a partir das 23.00 horas, "Millenium, los hombres que no amaban a las mujeres" pechará a xornada. Na Casa da Cultura a partir das 20.00 horas estará o documental "Bata por fora" e "Malta Radio". O xoves, día 27, ás 11.00 horas pasará "Ice age 3: el origen de los dinosaurios"e ás 20.00 horas "Pedro e o capitán" que estará presentado polo seu director Pablo Iglesias. ás 23.00 horas, entregaráse a Xociviga de honra 2009 e pasaráse "Os mortos van ás presas". A clausura estará marcada polo espectáculo de maxia Luis Boyano e o seu espectáculo "Mi movida máxica". Ademáis tamén haberá exposicións da historia das Xociviga, os carteis das actividades, cinematografía en Galicia, e carteis dos 26 anos destas Xociviga. Un cartel de filmes que este ano conta con trinta mil euros, dez mil menos que nas edicións anteriores.