Xogos, manualidades, concerto de María do Ceo e o Belén Viviente de Dacón, entre as actividades da programación navideña do concello de Maside

21, Decembro 2018

O Concello de Maside pon en marcha a súa programación navideña, que inclúe as seguintes actividades.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES:
Un ano máis o Concello de Maside co departamento de Servizos Sociais á cabeza recollerá tódolos xoguetes, xogos,... que os nosos/as cativos/as queiran donar para os máis necesitados. A recollida farase ata o día 4 de xaneiro.

XIIº CAMPAMENTO DE NADAL:
Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos do Concello de Maside e dará comezo o próximo día 24 de decembro rematando o 4 de xaneiro. Levarase a cabo no Colexio da Alameda de Maside en horario de luns a venres entre as 10,30 e as 13,30 horas. Realizaranse actividades como: xogos, manualidades (pintura, barro, papel-maché, adornos de Nadal,...), teatro, baile, ... A cota de inscrición é de 12 €/empadroado, 15 €/non empadroado.

CONCERTO “CANCIÓNS PARA NENAS E NENOS” DE MARÍA DO CEO:
Actividade dirixida a nenas e nenos, así como familias que queiran disfrutar da maravillosa voz da cantante MARÍA DO CEO. Terá lugar o domingo día 23 de decembro ás 19,00 h na pranta baixa do Antigo colexio da Alameda. Totalmente gratuito.

EXCURSIÓN A PAZOLANDIA:
Esta excursión ao recinto ourensán de xogos e atraccións está prevista para o venres día 28 decembro. A saída realizarase da Alameda de Maside ás 10,30 horas retornando ás 14,00 horas. Os menores poderán ir acompañados dun adulto (1 adulto por cada 2 nenos/as). Para formalizar a reserva de praza deberán entregar debidamente cuberto o formulario que aparece ao dorso desta carta nas Oficinas de Servizos Sociais e abonar a cota: 5 €/nenos empadroados e 7 €/adultos e nenos non empadroados, antes do día 27 de decembro ( o prezo inclúe entrada e transporte).

BELÉN VIVIENTE DE DACÓN
O martes día 25 de decembro, na Carballeira da Garrida, terá lugar a 31ª Edición do Belén Viviente, que organizan os nosos vecinos de Dacón.