Xornadas de tecnificación de patinaxe artística no Carballiño con 3 medallistas mundiais

18, Xullo 2019

O evento organizado os días 21, 22 e 23 de xullo polo Club Aehde O Carballiño e o Club Ágora Boqueixón contará coa presenza de Sergio Canales, Pau García e Nadia Iglesias

O pavillón Paco Chao de O Carballiño albergará dende o domingo e ata o martes unha tecnificación a que foron convidados pouco máis de medio cento de patinadoras e patinadores e que baixo a organización do Club Aehde O Carballiño e o Club Ágora-Boqueixón, contará coa a presenza de Sergio Canales, Pau García e Nadia Iglesias, ademáis de Carla Iglesias, adestradora dos dous clubes e alma máter do evento.

Sergio Canales ven de acadar a medalla de bronce na categoría absoluta no campionato do mundo celebrado ata a semana pasada en Barcelona, Previamente acadara dous cuarto puntos en citas universais pretéricas e foi subcampión do mundo júnior. É ademáis, adestrador nacional co nivel dous.

Pau García, pola súa banda, ven de revalidar o título do mundo júnior na cita da capital catalá e foi ademáis dez veces campión de España e campión de Europa.

Nadia Iglesias, galega pero pertencente ao Deportiu Reus, igual que os seus compañeiros, foi tres veces campiona de España, campiona de Europa xuvenil no 2017, ano no que ademáis se fixo co bronce mundial. Tamén subcampiona júnior no 2018 a nivel continental.