As "Xornadas pola Ciencia no Carballiño" homenaxean a Miguel García polos seus 40 anos de traballo na estación meteorolóxica do IES Chamoso Lamas

27, Maio 2024

O salón de actos do IES Chamoso Lamas acolleu esta mañá unha homenaxe a Miguel García, profesor xubilado do centro, polos seus 40 anos de traballo nesta estación meteorolóxica.

Neste acto, ademáis de alumnado e público que acudíu expresamente par estar presentes, participaron o alcalde Francisco Fumega, o director do centro Aurelio Rodríguez e o inspector xefe de Eduaicón, Amancio Nóvoa. Todos coincidiron en salientar a impontancia que ten este servizo meteorolóxico de gran utilidade para O Carballiño e comarca, polo que o homenaxeado Miguel García recibíu fai unhos anos o Premio Nacional de Meteoroloxía, recordaron.

O Director do IES M. Chamoso Lamas J. Aurelio Rodríguez, que salientou o esforzo e dedicación que tivo e ten ao longo destes anos o profesor Miguel para seguir mantendo o seu funcionamento e a recollida de datos diarios, así como o beneficio social que ten a existencia dunha estación meteorolóxica na comarca.

O Inspector Xefe de Educación, Amancio Nóvoa trasladou en nome da Delegación de educación os parabéns  e tamén os beneficios que tivo como proxecto para o alumnado do centro.

Pola súa banda, o alcalde do Carballiño,  Francisco Fumega gabou  toda a traxectoria de Miguel A. García, no estudio da climatoloxía do Concello, sendo das series climáticas mais completas a día de hoxe.

 Miguel A. García, agradeceu a homenaxe e fixo un pequeno percorrido da traxectoria da estación, incidindo na importancia que lle dan aos datos que nela se teñen rexistrados, xa que son dos poucos nas que as condicións nas que se atopa a estación, apenas variaron co que as modificacións son exclusivamente producidas polos propios efectos do clima.

Finalmente o acto rematou na propia estación meteorolóxica na que se puxo unha placa conmemorativa que da nome á estación como estación meteorolóxica Miguel A. García Pérez