X.Sanxenxo 0-2 CD Arenteiro

23, Outubro 2016

Con goles de Alberto e Iván Portos, ambos na segunda parte, o Arenteiro conseguíu sumar 3 novos puntos na súa visita a Sanxenxo, un resultado que permite aos verdes continuar como líderes por terceira xornada consecutiva.

Entrou ben no partido o Arenteiro, aínda que conforme ían pasando os minutos cedeu o control en favor do XuventudeSanxenxo, que tivo as mellores ocasións de gol nesta primeira parte,con incrusións pola esquerda do dianteiro local Curri que levaban moito perigo e sobre todo nun tiro raso e esquinado que atallou un moi seguro Israel.

Na segunda parte cambeou a decoración, e apenas con 5 minutos da reanudación Manel Vázquez indtrouciu un cámbeo táctico, retirando do campo a Varandela e dando entrada a Pol para reforzar a banda dereita por onde os sanxenxinos cargaban o xogo.

En dous minutos dúas xogadas clave, no 67 o Xuventude Sanxenxo quedabase con un xogador menos por cartón vermello directo tras unha dura entrada a Rubén Arce, e un minuto despois un centro dende a dereita de Dani Arbo é rexeitado polo meta local, o rexeite aproveitao Alberto para adiantar ao Arenteiro.

No minuto 82 nova expulsión no bando local por doble amarela que acabou por desequilibrar por completo o partido.

No tramo final o Arenteiro tivo ata 3 claras ocasións de sentenciar, ainda que houbo que agardar ao tempo de desconto para que Ivàn Portos, dentro da área, marcase tras unha gran xogada de Saúl. Eso, si, antes, no minuto 89 un libre directo ao borde da área foi desaproveitado polos locais.

O partido deixa danos colaterais para o Arenteiro, xa que no minuto 21 Bardelás tivo que abandoar o campo lesionado, tras recibir un golpe na tibia. As probas que esta mesma noite lle realizan no "Centro Médico El Carmen" determinarán o alcance da lesión.

CD Arenteiro: Israel, Vilachá, Maxi, Arbo, Saúl, Cuquejo, Bardelás (Dafonte, m. 21), Carlos de Dios (Iván Portos, m. 82), Rubén Arce, Varandela (Pol, m. 50) e Alberto (D. Vázquez, m. 70).

Na foto, o momento do primeiro gol do Arenteiro, obra de Alberto Blanco.