A Xunta abre un prazo de dous meses nos que somete á exposición pública o Plan Básico Municipal do Concello de San Amaro

O DOGA publica no seu número de hoxe a resolución da Dirección Xeral de Urbanismo pola que se somete a información pública a aprobación do Plan Básico Municipal do concello de San Amaro.
En consecuencia, a partir deste venres dia 17 de outubro todas aquelas persoas que o desexen poderán examinar o documento e presentar aquelas alegacións que consideren oportunas.
Preme no enlace para acceder á resolución:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251016/AnuncioG0765-031025-0...