A Xunta amplía a oferta da TDT nos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro

18, Outubro 2011

A entrada en funcionamento desde esta semana de novos múltiplex instalados no centro reemisor de Lebosende, no concello de Leiro, permitirá a mellora da oferta televisisa a centos de veciños de distintas parroquias dos concellos de Leiro, O Carballiño e San Amaro, e incluso de outros concellos limítrofes que reciben o sinal televisivo desde este centro reemisor. Calcúlase que aproximadamente unhos 1.800 veciños poden sintonizar xa estas novas canles, como Teledeporte, Marca TV, Nitro, 13 TV e os diversos programas en alta definición da Sexta e Antena 3, entre outras.

Para asegurarse de que a recepción é a correcta, as persoas interesadas deben chamar ao teléfono 981 572 154. Para sintonizar a televisión en alta definición, evidentemente deberán contar cun sintonizador en HD. Esta mellora técnica forma parte do plan de homoxenización da TDT, da Xunta de Galicia.