A Xunta autoriza ao concello do Carballiño a contratación eventual de 12 auxiliares de Policia Local durante este ano

24, Xaneiro 2020

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia ven de remitir ao concello do Carballiño a autorización para contratar a 12 auxiliares de Policía Local por un período de seis meses. Seis efectivos incorporaranse no mes de marzo, e outros seis o farán a partir do mes de xullo, tamén por un período de seis meses, polo que nos meses de de xullo e agosto, a plantilla da Policía Local do Carballiño verase incrementada en 12 auxiliares mais.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior comunica que neste intre xa se está realizando a selección dos seis auxiliares temporais para incorporarse no mes de marzo.

Manuel Sotelo, concelleiro de Interior e Policía Local, asegura que se trata dunha noticia moi positiva, pois permitirá ao concello incrementar significativamente os efectivos cos que conta a Policía Local no Carballiño, podendo asumir con moita garantía as necesidades no período do ano con maior número de eventos e afluencia de visitantes.

Asimesmo, o concelleiro agradece que a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior tivese en conta e autorice a petición realizada polo concello do Carballiño para a contratación destas 12 prazas de persoal auxiliar con carácter temporal.

Na actualidade, o concello atópase nun proceso de ampliación en dous efectivos máis da plantilla regular da Policía Local, según recorda Manuel Sotelo, que engade que un dos obxectivos da súa concellería é reforzar a seguridade no Carballiño, e que con estas iniciativas garántese un servizo acorde coas necesidades actuáis da vila e do municipio.