A Xunta colabora co concello para a adecuación da futura sede de Protección Civil nas instalacións da antiga feira de Framia. A nave actúal, na estación de ferrocarril, deberá demolerse por sentencia xudicial.

4, Maio 2022

Desta maneira, procederáse á demolición da nave que ocupa dende fai 20 anos Protección Civil a carón da explanada da estación de ferrocarril do Carballiño, cumplíndo unha sentencia xudicial que, tras a denuncia dun particular, ordenou ao concello carballiñés a restitución da legalidade urbanística, xa que a edificación está fora da ordenación urbanística en vigor no PXOM.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto achegouse ata o concello do Carballiño co que o Goberno galego colabora ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental para o acondicionamento do local de Protección Civil a través do convenio asinado hoxe entre a directora xeral e o alcalde, Francisco José Fumega.

Segundo explicou Natalia Prieto, o concello solicitou unha axuda para o acondicionamento de locais e instalacións para Protección Civil co obxecto de reformar e acondicionar parte do edificio destinado a antigo mercado de gando para destinalo a sede dos grupos de Protección Civil e trasladar ao novo local toda a infraestrutura necesaria para o funcionamento destes grupos, vehículos e maquinaria.

O Concello ten que proceder a inmediata demolición da actual edificación que alberga este servicio por elo, resulta preciso acondicionar o antiguo mercado e proceder á distribución das dependencias e ao seu acondicionamento térmico e ambiental, actuacións que inclúen a mellora da eficiencia enerxética da envolvente do edificio, da iluminación e da climatización interior. O orzamento desta actuación ascende a 150.900€ colaborado a Xunta de Galicia cunha achega de 60.000 euros, ca execución destas dependencias se garante a continuidade do servizo de protección civil.

A directora xeral de Administración Local destacou a importancia da colaboración entre a Xunta e os municipios galegos para levar a cabo iniciativas como esta que redunden no benestar da cidadanía e incidiu no compromiso do Goberno galego por manter o apoio que precisan os concellos con actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños.

Ao abeiro das axudas da Vicepresidencia, o concello de Carballiño ten recibido maís de 600.000 euros para proxectos e actuacións para o control ambiental os residuos no ámbito municipal mediante o investimento nunha trituradora para o punto limpo, mellora da rede de sumidoiros e do abastecemento, actuacións para a recuperación da fonte natural na marxe do Río Arenteiro, melloras na rede de sumidoiros, construción de dúas pistas de pádel en Veiga, renovación da rede de abastecemento, da rede de sumidoiros, e creación e melloras nas cubertas de parques infantís, entre outros