A Xunta concede unha subvención de 100.000 euros para melloras no parque empresarial carballiñés

19, Agosto 2012

Asi o confirmou a Concelleira de Industria, Emprego e Promoción Económica do concello carballiñés, Teresa Cerdeira, que tramitou a solicitude ante a Consellería de Economia e Industria.

A subvención destinaráse a instalación de iluminación nunha zona do parque empresarial que aínda carece desta infraestructura nun dos viais e presenta deficiencias noutros.

 A Concelleira mostrou en COPE O Carballiño a súa satisfacción pola consecución desta achega económica que permitirá ao concello do Carballiño atender "unha petición dos empresarios, que levaban máis de 3 anos con esta demanda, pretendemos mellorar o nivel das infraestructuras e conseguir un parque empresarial máis competitivo, e tamén outro obxetivo, mellorar a seguridade", subliñou.