A Xunta concentrará todos os servizos autonómicos no Centro Comarcal, onde xa está a Oficina Agraria, e tamén se ubicarán a Oficina de Emprego e o Polo de Empredemento. A reforma do edificio acometeráse con cargo os orzamentos de 2023.

20, Outubro 2022

Asi o anunciou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega. A Xunta concentrará todos os servizos autonómicos que presta no Carballiño no chamado Centro Comarcal, na zona do Cornubal, a carón da estrada N-541.

O edificio, que data dos anos 90 do século pasado e que fora concebido como sede da desaparecida Fundación Comarcal, concentrará a partir de 2023 todos os servizos que a Xunta presta no Carballiño, algunhos de nova creación, como será o futuro Polo de Emprendemento impulsando pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, un proxecto incluído nos orzamentos autonómicos de 2023. Trátase dun novo modelo impulsando pola Xunta que pretende contribuír ao dinamismo laboral e ofrecendo, entre outros, servizos de información e asesoramento para o emprendemento, de forma personalizada e adaptada ao territorio comarcal, espazos fisicos para o traballo temporal, captación de inversións e financiación, e outros recursos  para a modernización do ecosistema emprendedor.

A este edificio, de titularidade autonómica, xa se trasladou fai unhos anos a Oficina Agraria Comarcal. Unha vez executadas as obras de adecuación e reforma que a Xunta levará a cabo, tamén se procederá ao traslado da Oficina de Emprego do Servizo Público de Emprego, na actualidade na rúa Otero Pedraio.

O alcalde Fumega tamén anunciou en COPE O Carballiño que o concello vai levar a cabo un proxecto para a mellora da comunicación do Carballiño con esa zona do Cornubal, as piscinas e o pabillón de deportes, que consistirá na construcción de beirarrúas e unha zona de acceso peonil, para mellorar o tránsito peonil e a seguridade en toda esa zona.