A Xunta declara de "Interese Turístico Galego" a Festa da Vendima de Leiro.

27, Febreiro 2020

O Consello da Xunta celebrado este xoves dia 27 de Febreiro ven de aprobar a declaración de "Festa de Interese Turistico Galego" para a Festa da Vendima de Leiro.

Este acontecemento festivo celébrase o derradeiro domingo de Agosto nesta vila ribeirán, e a súa singularidade radica no desfile de carrozas, con motivos aos traballos nas viñas e as adegas do ribeiro, e todo aquelo que ten relación co mundo do viño, un dos motores económicos da comarca ribeirán.

Esta declaración como "Festa de Interese Turístico Galego" vai permitirlle ao concello de Leiro o acceso a mellores subvencións para promover este evento, asi como unha mellor difusión  nas guias festivas.