A Xunta destina 2 millóns de euros para o remate do parque arqueolóxico da cultura castrexa de S. Cibrán de Lás

15, Novembro 2010

A Consellería de Cultura e Turismo vai financiar cun investimento de 1,6 millóns de euros o proxecto de musealización e acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás, sito no Concello de San Amaro. Ademáis, este mesmo departamento auotonómico achegará 430.000 euros para o acondicionamento, accesos, urbanización, excavación e consolidación do castro da cidade, nos Concellos de Punxín e San Amaro. Os novos  investimentos foron anunciados polo Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela, no transcurso dunha visita ás instalacións, na que estivo acompañado polo Director Xeral de Patrimonio Cultural, Rey Pichel, O Delegado Territorial da Xunta Rogelio Martinez, e os Alcaldes de de San Amaro e Punxín, Ernesto Pérez e Alfredo Cruz. O Conselleiro cifrou o investimento total neste proxecto “en 8,6 millóns de euros, dos que a Xunta de Galicia aporta 5,3 miilóns”, mentres que o resto corresponde as achegas económicas feitas polo Ministerio de Fomento a través do 1% cultural. A finalización do proxecto está previsto para o ano que vén, tal como avanzou a través desta emisora de radio O Alcalde de San Amaro, para o que a entrada en funcionamento do parque “convertiráse nunha das grandes locomotoras económicas da Comarca do Carballiño”.