A Xunta dota con vehículos PIck-up ás Agrupacións de Protección Civil de Beariz e Boborás

23, Setembro 2019

O acto protocolario tivo lugar na vila de Beariz. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, entregou sete vehículos pick-up e sete remolques para reforzar e dotar de máis equipamento ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de 14 concellos da provincia de Ourense, ente eles están os de Beariz e Boborás.

As Agrupacións locais de Protección Civil de ambos municipios, Beariz e Boborás, recibiron cada un deles, un vehículo pick-up.

O vicepresidente da Xunta destacou a labor altruísta dos voluntarios, que contribúen a ofrecer un mellor servizo aos cidadáns . Por iso, destacou a importancia da colaboración da Xunta cos concellos en materia de protección civil e emerxencias para dotalos dun equipamento adecuado que permita acadar unha maior seguridade para os membros dos servizos municipais e, por ende, dos seus veciños.

Nesta liña, Alfonso Rueda lembrou o compromiso da Xunta para conseguir que a atención ás emerxencias sexa eficaz e estea garantida en todo o territorio galego, con independencia da situación xeográfica do concello.

Esta entrega da continuación ao camiño iniciado nos últimos anos de dotar de máis material e equipamento de emerxencias ás Agrupacións de Protección Civil e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención de riscos e nas intervencións en emerxencias, sobre todo nas provocadas por fenómenos meteorolóxicos adversos ou incendios forestais.