Xunta e concello de Boborás traballan na mellora de infraestructuras rurais

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, na que se afondou nas vías de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas rurais.
En concreto, na reunión, que se celebrou na sede da Delegación Territorial en Ourense, abordáronse proxectos vinculados a mellorar os camiños rurais e á posta en valor de espazos públicos. Tamén se lembraron as actuacións, xa executadas, na aldea modelo de Penedo, situada neste municipio. Así mesmo, reforzouse a colaboración en materia de defensa do monte e loita contra os incendios forestais.