A Xunta e o concello de Avión abren vías de colaboración para a recuperación de terras agrarias no municipio

18, Decembro 2019

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, reuniuse hoxe co alcalde de Avión, Antonio Montero, para avanzar na posible creación dunha aldea modelo neste municipio ourensán, así como para impulsar diferentes proxectos de recuperación de terras no seu territorio.

No encontro, no que tamén participaron técnicos de Agader e do Concello, o director xeral explicou ao rexedor as diferentes opcións que ofrece, ao respecto, a futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia, que iniciará proximamente a súa tramitación.