A Xunta Electoral de Zona ordena retirar a cartelería instalada sobre sinais de tráfico e indicativas

9, Outubro 2012

A denuncia foi presentada ante a Xunta Electoral de Zona polo Partido Popular do Carballiño ao entender "que se pon en perigo a seguridade ao utilizar os sinais como soporte da publicidade electoral".

O acordo da Xunta Electoral recolle "requerir a PSdG-PSOE e por extensión a todas as demáis formacións polítcas" para que procedan de forma inmediata a retirar todos os carteis, bandeirolas ou pancartas que se teñan colocado en sinais de tráfico ou indicativas. Na comunicación da Xunta Electoral do Carballiño tamén se advirte que en caso de non facélo poderían estar incurrindo en delito electoral.