A Xunta inicia esta semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo
A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de limpeza na estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo
Estas intervencións están enmarcadas no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.
As actuacións consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.
O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.