A Xunta inicia as obras de mellora na OU-212 ao seu paso polo concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros

3, Novembro 2020

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros. Este proxecto contará cun prazo de execución estimado de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A actuación consistirá na rehabilitación da capa de rodadura en dous treitos, un entre os puntos quilométricos 23+180 e 23+380 e outro entre os puntos 24+900 e 27+150. O obxectivo da intervención é mellorar as características superficiais do firme en dous treitos de curvas con pendente elevada mediante a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor. Os traballos completaranse co pintado de marcas viarias e a adecuación da sinalización vertical.